Financiación para pemes a nivel comunitario. Xestión de proxectos europeos

•26 Mayo 2010 • Dejar un comentario

A preparación de propostas a financiación europea e a xestión de proxectos require duns coñecementos técnicos e financeiros especializados, que permitan axustalos aos requerimentos específicos das convocatorias.

A proposta que presenta o departamento de innovación da Cámara de Comercio Ferrol consiste na impartición dun seminario orientado a sensibilizar, dinamizar e mobilizar a empresa da demarcación na procura de oportunidades e incentivos para mellorar a súa integración no tecido empresarial europeo, a través da participación en programas de incentivos europeos a empresas.

OBXECTIVOS

O obxectivo xeral do seminario é fomentar a participación das empresas nos programas de axudas da UE, na procura dun maior retorno de fondos comunitarios respecto ás aportacións da rexión.

Entre os obxectivos específicos destacan:

  • Proporcionar unhas nocións básicas  sobre os requerimentos técnicos no relativo á presentación de proxectos e a captación e xustificación de fondos europeos.
  • Proporcionar un protocolo de actuacións e recomendacións para a correcta execución de cada unha das fases que conforma a elaboración dun proxecto europeo (programación, identificación, formulación e presentación).
  • Promover e difundir as prioridades e líñas estratéxicas de actuación da Unión Europea dirixidas ás empresas.

CONTIDOS

  • Instrumentos financeiros da EU e tipoloxía dos fondos comunitarios dirixidos ás empresas (mecanismos de financiación, xestión, estructura, fontes de información).
  • A proposta de proxecto (xeración da idea, criterios de avaliación e selección de proxectos da UE, redacción de memoria técnica e elaboración do orzamento)
  • Xestión de proxectos europeos (aspectos financeiros, administrativos e legais).

DIRIXIDO A

Profesionais e técnicos adicados á elaboración, execución, xestión e avaliación de proxectos europeos.

DATA E HORARIO

Data: Martes 1 de xuño

Horario: De 17.00 a 19.00 h (aprox.)

LUGAR

Salón de plenos da Cámara de Comercio de Ferrol. A Malata s/n, Edificio de Usos Múltiples, 1º andar.

MATRÍCULA

Gratuita

Enviar a ficha de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org

Programa INNCORPORA

•12 Mayo 2010 • Dejar un comentario

Obxectivos
Xerar 1.000 empregos directos no sector industrial e promover a innovación empresarial.

Publicación no BOE e prazo de presentación de solicitudes
Data estimada de publicación no BOE: entre o 18 e 20 de maio.
Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes a partir da data de convocatoria.

Beneficiarios
Empresas e asociacións empresariais privadas, centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica privados, así como os parques científicos e tecnolóxicos privados.

Requisitos a cumprir polos tecnólogos a contratar

  • Posuír polo menos o titulo oficial de Graduado dentro do novo Espazo Europeo de Educación Superior ou titulación universitaria media e que conten con, polo menos, 4 meses de experiencia en I+D.
  • Ser contratados desde a publicación da convocatoria no BOE ata 20 días despois da publicación da proposta de resolución provisional (data estimada: outubro / novembro).
  • Ser contratados para a realización de proxectos concretos de investigación industrial, de desenvolvemento experimental ou en estudos de viabilidade técnica.
  • Deberán cursar unha formación obligatoria e gratuita, (o Executive Máster en Innovación que impartirá a EOI).
  • Contratación a xornada completa.
  • Duración do contrato de 12 meses a 36 meses.
  • Non manter relación laboral de carácter contractual co contratante desde o 01/01/2009.

Tipo de axudas previstas

a.  2 M€ na modalidade de SUBVENCIÓN. Financiamento ao 100% o Executive Máster en Innovación (265 horas) que impartirá a EOI.

b. 264 M€ na modalidade de PRÉSTAMOS destinados a financiar o resto de custos elixibles, [Soldo+SS+Custos indirectos (20% de soldo+SS)], coas seguintes características-Sen garantías.

- Ao 0% de interese.
- Cunha duración de 9 anos (con 3 de carencia).
- Pago anual por anticipado.

Outros aspectos importantes desta convocatoria

- Formación unificada
- Comunidade de Tecnólogos (efecto rede)
- Creación de emprego cualificado
- Transferencia inmediata de talento

Enlace a inncorpora

Aforro e eficiencia enerxética na empresa

•5 Mayo 2010 • Dejar un comentario

A enerxía é un dos principais motores que moven a nosa economía. Neste contexto, os baixos niveis de eficiencia enerxética en produción e consumo son unha das causas da vulnerabilidade do modelo enerxético vixente.

Sendo o tecido empresarial un dos actores máis importantes no mercado da enerxía, a implantación de medidas de aforro e eficiencia enerxética nas empresas constitúe un dos pilares básicos das actuais políticas enerxéticas de España e da UE. Numerosos estudos conclúen na necesidade de facer un uso racional da enerxía no sector industrial, buscando o aforro e a eficiencia nos procesos productivos.

A Cámara de Comercio de Ferrol, consciente das posibilidades que teñen as empresas de reducir de maneira eficiente o seu consumo de enerxía, organiza un obradoiro sobre aforro e eficiencia enerxética na empresa, no que se presentarán solucións e ferramentas para identificar e avaliar, en función da sua rendibilidade, as distintas oportunidades de aforro de enerxía existentes nos diferentes procesos industriais, como unha práctica que contribuirá a mellorar a competitividade da súa empresa, vía redución de custos, e a diminuír os impactos ambientais derivados dunha menor demanda industrial de enerxía.

OBXECTIVO

Difusión e fomento do emprego de ferramentas e tecnoloxías enerxéticamente eficientes que permitan optimizar os consumos de enerxía no tecido empresarial.

PROGRAMA

1. Situación enerxética actual.

2. Auditoría Enerxética: metodoloxía, potenciais aforros, exemplos.

3. Tecnoloxías Eficientes: a coxeneración.

4. Certificación Enerxética de Edificios: marco regulador e ferramentas dispoñibles.

5. Axudas e subvencións para o aforro e a eficiencia enerxética.

DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN

Data: martes 11 de maio (2 h)

Lugar: Salón de plenos da Cámara de Comercio de Ferrol. A Malata s/n. Edificio de usos múltiples, 1º andar (Ferrol).

HORARIOS

De 17.00 a 19.00 h

MATRICULA

Gratuita

Enviar a ficha de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org

AXUDAS INNOVACIÓN E EMPRESA

•29 Abril 2010 • Dejar un comentario

Programa de accións de consultorías individualizadas dirixidas a mellorar a competitividade das Pemes

Desde  a Dirección General de Política de la PYME infórmase da convocatoria dun Programa de Asistencia Técnica individualizada no ámbito da I+D+i e a Xestión Empresarial, coa finalidade de aumentar e consolidar a base empresarial de carácter innovador mediante a detección de proxectos de calidade e viabilidad científica e/ou tecnolóxica.

Poderán solicitar a participación no Programa calquera empresa interesada que cumpra cos Requisitos da Convocatoria. Os empresarios que desexen inscribirse deberán realizar a solicitude antes do 31 de maio de 2010.

Poderá atopar unha maior información do programa seguindo o enlace:

Programa de accións de consultoría especializada

Convocatoria de propostas para accións no campo da eco-innovación, dentro do Programa Marco para a Innovación e a Competitividade (CIP).

A convocatoria financiará proxectos relativos a primeira aplicación ou replicación no mercado de técnicas, produtos, procesos u prácticas ecoinnovadoras que foran xa tecnicamente demostradas, pero que, debido a riscos aínda existentes necesitan incentivos para penetrar significativamente no mercado.

Áreas prioritarias:

  • Reciclaxe de materiais
  • Produtos sostibles para a construción
  • Sector da alimentación e das bebidas
  • Empresas verdes / compras intelixentes

Data de peche: 9 de setembro de 2010 (ata as 17.00 horas)

Orzamento: 35,02 millóns de €.

Porcentaxe de financiamento: ata o 50% dos custos elixibles do proxecto.

Consorcio: Os proxectos poden ser solicitados por unha ou varias entidades, se ven é necesario demostrar o valor engadido europeo do proxecto.

Duración dos proxectos: máximo 36 meses.

Ligazón á Web da convocatoria: Accións ecoinnovación

Seminario ecoi: Innovación para a competitividade sostible empresarial

•27 Abril 2010 • Dejar un comentario

Qué pode aportar á miña empresa a ecoinnovación? pode axudarme a acceder a novos mercados? É posible reducir custos mediante a ecoeficiencia dos procesos? Cómo poido aforrar custos enerxéticos?

Cada día son máis as empresas que se plantexan estas cuestions, pero poucas son conscientes de que a integración da ecoinnovación na estratexia empresarial contribue sustancialmente á mellora da xestión e ao seu desenvolvemento competitivo. A primeira das sesións acercará as empresas o concepto de ecoinnovación e analizará as principais vantaxes e beneficios que se derivan da súa implantación, así como as distintas fontes de financiación da Ecoinnovación de que dispón.

Na segunda das sesions farase un repaso dos principais programas europeos de apoio a ecoinnovación, prestando especial atención á recente convocatoria de Ecoinnovation do Programa Marco para a Innovación e a Competitividade (CIP).

CONTIDOS

Sesión 1: Ecoinnovación e beneficios para a empresa

  • Definicións e conceptos.
  • Contexto e políticas de fomento da ecoinnovación.
  • Vantaxes da Ecoinnovación e a Ecoeficiencia.
  • Ecoinnovación, ecodeseño e novos mercados.

Relatora: Sonia Pazos (Directora de proxectos de innovación de FEUGA)

Sesión 2: Programas europeos de apoio a Ecoinnovación

  • Programa Life+.
  • Programa Marco para a Innovación e a Competitividade.
  • Sétimo Programa Marco de IDT.

Relator: Carlos Sánchez (técnico área de asesoramento OPIDi)

DATAS
4 de maio (3 h)

HORARIOS
De 17.00 a 20.00 h

MATRICULA
Gratuita

Enviar a ficha de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org

Programa ECOGALICIA VERDE

•14 Abril 2010 • Dejar un comentario

A Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), en colaboración co departamento de innovación da Cámara de Comercio de Ferrol, está desenvolvendo actuacións para a promoción da ecoinnovación e a competitividade nas Pemes do sector, no marco do proxecto ECOGALICIA VERDE financiado pola Fundación Biodiversidad e Caixagalicia.

ACCIÓNS

* Formación especializada en xestión da Innovación Medioambiental, que se impatirá gratuitamente en abril e maio.

* Asesoramento gratuito a PeMES para elaborar o seu diagnóstico personalizado de ecoinnovación e definir proxectos financiables en convocatorias públicas.

* Material divulgativo. Envío gratuito:

LIBRO Estudo de necesidades e solucións de Ecoinnovación para cada sector
LIBRO Estudo de oportunidades de negocio no sector medioambiental
CATÁLOGO Experiencias de éxito de Ecoinnovación en empresas de cada sector
CD “Itinerario da Ecoinnovación”

- Poden recibir o material todos os traballadores de cada PeME

- Cada traballador inscrito recibirá gratuitamente un lote de estudos+catalogos+1CD gratuitamente por mensaxería.

* As accións de asesoramento e información documentaranse no Observatorio de Ecoinnovación www.ecogaliciaverde.com

SE VOSTEDE OU OS SEUS TRABALLADORES DESEXAN RECIBIR GRATUITAMENTE PUBLICACIÓNS, ASESORAMENTO, FORMACIÓN E OUTROS SERVIZOS DE ECOGALICIA VERDE, ENVÍENOS A FICHA DE INSCRICIÓN QUE SE ACHEGA, CUMPLIMENTADA E ASINADA.

Enviar a ficha de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org

Jornada presentación_PROYECTO CRM-PYME: TIC aplicadas a la gestión de las relaciones con clientes de las Pymes

•8 Marzo 2010 • Dejar un comentario

Un programa informático CRM (Customer Relationship Management) es un software que permite optimizar la información de la cartera de clientes de la empresa. Esta mejora del conocimiento que la empresa tiene de sus clientes es de vital importancia en el contexto de recesión actual, ya que le permitirá anticiparse a los cambios que están teniendo lugar en la demanda y mejorar la toma de decisiones empresariales.

EL PROYECTO CRM-PYME

El proyecto “CRM Pyme” incluye un análisis previo de procesos, con especial atención a los que tienen lugar en la parte final de la cadena de valor de la empresa (distribución y ventas). Asimismo, se realizará un plan de adaptación al CRM que garantice el éxito de su implantación. Finalmente, se llevarán a cabo acciones de capacitación en el uso de la herramienta en las propias instalaciones de la empresa.

Todas estas acciones se realizarán en condiciones económicas muy ventajosas para las diez empresas seleccionadas, gracias a la cofinanciación obtenida de IGAPE en el marco del programa Innoempresa del Ministerio de Industria, Turismo y Comercio con Fondos Feder. Los trabajos de consultoría e implantación del CRM estarán dirigidos por la empresa C.L. Consulting, S.L.

Para poder participar, las empresas deben ser Pymes con al menos un trabajador contratado, además de tener su sede social o algún centro de trabajo en las demarcaciones pertenecientes a la Cámara de Comercio de Ferrol y estar al corriente de sus obligaciones con Hacienda y Seguridad Social. Las solicitudes de participación se tratarán en riguroso orden de entrada.

FECHA Y HORARIO

Martes 9 de marzo a las 11.30 h

Más información: 981 333 165     scempresas@camaraferrol.org

Cursos de condución eficiente

•25 Febrero 2010 • Dejar un comentario

En resposta ao cambio tecnolóxico que sufriron os nosos automóbiles, o que os fai radicalmente distintos na súa condución, e a necesidade de aforro enerxético e respeto ao medio ambiente, a Axencia Provincial da Enerxía (FAEPAC) en colaboración co Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Cámara de Comercio de Ferrol, está a impartir cursos de condución eficiente. Estes cursos realízanse dentro do plan de acción da estratexia de aforro e eficiencia enerxética de España 2008 – 2012 (E4), en convenio co Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).

OBXECTIVOS
Adquirir técnicas de condución eficiente que permitan acadar obxectivos reais dun aforro estimado en combustible do 15%, un aforro en gastos de mantemento do vehículo, e unha reducción nas emisións contaminantes.

DESTINATARIOS
Persoas que desenvolvan a súa actividade profesional en vehículos industriales, de transporte de mercadorías, profesionais do taxi, e vehículos de empresa en xeral. A participación está suxeita á posesión do carné de conducir clase B. O día do curso, os alumnos teñen que levar unha fotocopia do carne de conducir ou, no caso de renovacións, o seu resgardo.

ESTRUCTURA DO CURSO
A duración dos cursos é de dúas horas, nas que se imparten as técnicas e fundamentos básicos da nomeada “condución eficiente”.

Os cursos están estruturados en catro bloques:
1º Bloque: Quenda de condución nun circuíto preestablecido (automóbil propio da FAEPAC).
2º Bloque: Impartición teórica das técnicas de condución eficiente.
3º Bloque: Repítese a quenda de condución polo circuíto, aplicando agora as técnicas impartidas no bloque anterior.
4º Bloque: Análise de resultados, dúbidas e comentarios.

* Os participantes recibirán un diploma acreditativo da realización do curso.

DATAS
Días 11 e 18 de marzo de 2010

HORARIO
O curso impartirase por dous monitores e divídese en 4 grupos de 4 persoas:

Grupo 1: De 8.30 a 10.30 h
Grupo 2: De 9.00 a 11.00 h
Grupo 3: De 11.30 a 13.30 h
Grupo 4: De 12.00 a 14.00 h

MATRÍCULA
Gratuita

Para inscribirse enviar o boletín de inscrición ao seguinte enderezo innovacion@camaraferrol.org

Xornada técnica_Software libre na empresa: Introdución e práctica

•14 Diciembre 2009 • Dejar un comentario

Nun mercado dominado por ferramentas de producción de software propietario, o software libre (SwL) está a constituír unha ferramenta alternativamente máis xusta social e economicamente. Entre as vantaxes que o software libre aporta aos seus usuarios destacan: independencia tecnolóxica, soporte e compatibilidade a l/p, formatos estándar, reducción de custos…

Para achegar esta realidade ás empresas, a Cámara de Comercio de Ferrol leva a cabo unha xornada formativa co fin de amosar as múltiples vantaxes que aporta o SwL.

Obxectivos

Dar a coñecer, dunha maneira práctica, os contornos e solucións que ofrece o SwL para a actividade empresarial.

Contidos:

1. O SwL como solución para a empresa

- Aspectos económicos e legais
- vantaxes-frontes
- Modelos de negocio
- casos de éxito
- …

2. Escritorio de aplicacións libres

3. Directrices integradoras.

Destinatarios

Persoal técnico de sistemas de información nas empresas, xerentes de empresas de base tecnolóxica e público, en xeral, interesado en solucións de SwL.

Datas
21 de decembro

Horarios
De 16.00 a 20.00 h

Inscricións
A inscrición na xornada é gratuíta. Para inscribirse enviar o boletín de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org

Xornada técnica: Ensaios non destrutivos. Inspección de soldadura

•4 Diciembre 2009 • Dejar un comentario

A inspección de soldadura mediante técnicas de ensaios non destrutivos (END) proporciona información básica sobre a calidade e a defectoloxía da unión, sendo unha técnica esencial para certificar e validar unións de materiais.

En resposta á crecente demanda de formación e capacitación técnica neste campo, a Cámara de Comercio de Ferrol, en colaboración co Centro Tecnolóxico AIMEN, desenvolve unha xornada na que se profundizará nas técnicas máis novidosas aplicadas á inspección de unións soldadas.

Obxectivos

Dar a coñecer novos desenvolvementos, e as posibilidades actuais e futuras que ofrecen as técnicas actuais de control de unión mediante ensaios non destructivos.

Destinatarios

Xerentes e persoal directivo involucrado na toma de decisións técnicas; directores industriais; enxeñeiros de soldadura; responsables de calidade e persoal en xeral interesado neste campo.

Datas

15 de decembro (4 h)

Contidos

1. Introducción aos Ensaios Non Destructivos

2. Inspección de Soldadura: Inspección Visual, partículas magnéticas e líquidos penetrantes

3. Radiografía industrial: Técnicas e campos de aplicación

4. Ultrasonidos: Técnicas e campos de aplicación

5. Normativa dos END

6. Formación e Certificación

Horario

De 16.00 a 20.00 h

Matricula

Gratuita

Gratuita. Para inscribirse enviar o boletín de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org