Xornada Técnica sobre Sistemas de Xestión na Seguridade da Información

candado1O Departamento de Innovación e Competitividade da Cámara de Comercio de Ferrol organiza, o vindeiro mércores día 15 de abril, ás 19.00 horas, a xornada técnica Sistemas de Xestión da Seguridade da Información UNE/ISO-IEC 27001, dirixida a empresarios e directivos para quenes a información sexa un factor relevante na súa actividade, así como responsables de calidade e de informática de empresas e institucións.

A xornada presenta como obxectivos principais:

* Proporcionar unha idea clara, comprensible e útil sobre a ISO 27001 de Seguridade da Información.
* Incorporar a seguridade nos sistemas de información das empresas como elemento de mellora na xestión e de aumento na competitividade.
* Protexerse dos riscos e pérdidas asociados ao crecente uso de tecnoloxías da información e da comunicación nas empresas.
* Dotar ás pemes de ferramentas de xestión dos seus sistemas de información.
* Formar e concienciar á empresa en materia de seguridade informática.

Programa

Sistemas de Xestión de Seguridade da Información (SGSI)

(Luis Gómez Fernández, director de Start Up)

1. Para qué serve implantar a ISO 27001?
2. Qué recursos precisa?
3. Qué vantaxes reporta?
4. Cal é a súa relación coa LOPD?
5. En qué sectores é prioritaria?

A certificación de ISO 27001

(Ángel Modino Gómez, Lloyd’s Register)

Esta parte da xornada tratará sobre a avaliación da certificación da norma ISO 27001, así como os seus obxectivos e vantaxes.

Data, horario e lugar de celebración

Mércores 15 de abril, de 19.00 a 21.00 h.

Salón de plenos da Cámara de Comercio de Ferrol. A Malata s/n, Edificio de Usos Múltiples, 1º andar (Ferrol).

Inscricións

A xornada é gratuita, e o aforo limitado, así que, de estar interesado/a en participar, pregamos nos envíe a ficha de inscripción cumplimentada á seguinte dirección de correo electrónico:                                                                         innovacion@camaraferrol.org

FICHA DE INSCRICIÓN (.odt)

FICHA DE INSCRICIÓN (.doc)



~ por innovacionecompetitividade en 2 Abril 2009.