InnoVIA_TIC aplicada á organización documental e o acceso remoto aos recursos
OBXECTIVO
Racionalizar e facilitar a xestión da peme mediante a implantación dunha ferramenta ofimática avanzada e contrastada no mercado: eTELSER
eTELSER
eTELSER é un software de xestión para pemes orientado a mellorar a organizacion dos aspectos administrativos e comerciais da empresa.
Con eTELSER a xerencia poderá coñecer dun vistazo e en tempo real cal é o estado actual dos proxectos e documentos da súa compañía (tanto actuais como pasados), quén os desenvolveu, e cales son as tarefas pendentes ou fora de prazo e o seu responsable. Ao mesmo tempo, eTELSER pon á súa disposición a posibilidade de realizar plantillas para, por exemplo, levar um control da actividade dos seus comerciais.
Este software facilita o traballo colaborativo do persoal, axuda a racionalizar o aproveitamento do espazo físico e optimiza a xestión do coñecemento na empresa mediante ferramentas intuitivas e fáciles de usar: xestor de proxectos, tarefas, datas límite, calendario, mensaxes e arquivos. Ademáis, posee unha aplicación que permite aos usuarios traballar sobre un mesmo texto e poder comparar as distintas versións.
FASES
1. Identificación de procesos e recursos da empresa.
2. Plan de adaptación.
3. Implantación da ferramenta eTELSER e capacitación do persoal.
REQUISITOS
- Ser Peme
- Ter polo menos un traballador dado de alta en términos UTA durante os doce meses anteriores á data de finalización do proxecto.
ORZAMENTO
20.000€ (ata un 50% de subvención a través do Programa Innoempresa, o resto mediante patrocinios).
A empresa so terá que finaciar 100€+IVE en concepto de reserva.
As empresa interesadas en participar no proxecto poderán obter máis información chamando ao teléfono 981 333 165 da Cámara de Comercio de Ferrol, ou ben a través do seguinte enderezo de correo electrónico: scempresas@camaraferrol.org


