Local Business Center: posiciona a empresa en Google Maps

lbc_overview_es

Na actualidade, Google é o principal buscador para moitos usuarios de internet. A presenza na rede internet das empresas é fundamental para acadar maiores niveis de produtividade e competitividade.

A ferramenta implementada por Google para que as empresas aparezan indentificadas nas búsquedas de Google Maps denomínase Local Business Center. Sen coste para a empresa, e sen necesidade de ter un espazo web propio, entre as vantaxes máis importantes se encontran:

  • Mellorar a visibilidade da empresa en todas as búsquedas de produtos e servizos na zona xeográfica na que se atope ubicada a compañía.
  • Posuir un directorio presente das empresas da zona, e poder configurar fichas propias de contacto.
  • Posibilidade de incluir a dirección, horario laboral, e imaxes da empresa e dos produtos.
  • Capacidade en todo momento para actualizar e modificar os datos.

Para realizar a inclusión da empresa en Google Maps, accederase a Google Local Business Center a través do seguinte enlace http://www.google.com/local/add/splashPage?hl=es&gl=ES. Cando seleccionamos “Añadir una empresa nueva”, teremos que cumplimentar un formulario, no que identificaremos a empresa, a súa actividade, horarios de atención, e formas de pago aceptadas.

Ademáis existen campos adicionais para identificar produtos, marcas, servizos… En canto á incorporación na ferramenta da imaxe visual da empresa, pódense subir ata dez fotografías e cinco vídeos relacionados coa actividade da empresa, produtos, instalacións, etc.

Unha vez subida toda a información, Google a valida mediante o envió dunha mensaxe SMS, unha carta, ou mediante unha chamada de teléfono.


~ por innovacionecompetitividade en 28 Mayo 2009.