Xornada informativa_A liberalización do mercado eléctrico: como afectará ao custo do subministro nas empresas

O vindeiro martes 7 de xullo, en horario de 12.00 a 13.30 h,  a Cámara de Comercio de Ferrol organiza, en colaboración coa Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), a xornada informativa A liberalización do mercado eléctrico: como afectará ao custo do subministro nas empresas.

16120CBIA finalidade desta xornada é a de informar das estratexias a adoptar polas empresas ante os cambios introducidos despois da liberalización do mercado do suministro eléctrico e a posta en marcha da Tarifa de Último Recurso (TUR).

A partir do 1 de xullo, as empresas da demarcación que teñan contratados servizos eléctricos de media e alta tensión veranse afectadas pola desaparición da tarifa eléctrica regulada. No panorama enerxético que se presenta, é importante que as empresas coñezan a nova lexislación de aplicación e a incidencia que supón sobre o custo do suministro de electricidade o novo modelo de organización do sector da electricidade, de maneira que lles permita axustar as súas facturas e reducir custes de enerxía eléctrica asociada aos seus procesos produtivos.

RELATOR

Jesús Castro, director da FAEPAC.

CONTIDOS

A xornada estrutúrase en base aos seguintes contidos:

- Liberalización do sector eléctrico e normativa de aplicación.

- A empresa ante o suministro liberalizado. Tarifas de aplicación.

- Aplicación da Tarifa de Último Recurso (TUR).

- Estratexias a adoptar polas empresas.

- Coloquio

DATA, HORARIO E LUGAR DE CELEBRACIÓN

Martes 7 de xullo, de 12.00 a 13.30 h.

Salón de plenos da Cámara de Comercio de Ferrol. A Malata s/n, Edificio de Usos Múltiples, 1º andar (Ferrol).

INSCRICIÓNS

A xornada é gratuita. Para formalizar a súa participación terá que cubrir a ficha de inscrición e enviala ao seguinte enderezo de correo electrónico: innovacion@camaraferrol.org

FICHA INSCRICIÓN (.doc)

FICHA INSCRICIÓN (.odt)

~ por innovacionecompetitividade en 1 Julio 2009.

Deja un comentario