Plan de accións de innovación empresarial i.0

CB058870i.0 é o acrónimo do plan de accións de innovación empresarial 2009-2010 deseñado polo Departamento de Innovación e Competitividade da Cámara de Comercio de Ferrol. Estando ainda nunha versión borrador, presentase no blog de innovación como un adianto da tipoloxía de accións a desenvolver por este departamento en colaboración con organismos como a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o IGAPE, e o Ministerio de Industria Turismo e Comercio.

O acrónimo deste plan fai referencia á capacidade que teñen todas as empresas de incorporar aspectos innovadores nos seus produtos ou procesos, aínda que a súa situación de partida sexa de cero. Neste sentido, o obxectivo principal das accións i.0 é dinamizar e promocionar a cultura da innovación entre as pemes da nosa demarcación. As accións i.0 están encamiñandas a concienciar ao empresariado, especialmente á peme, da necesidade de adoptar á innovación como estratexia para a sustentabilidade do seu negocio.

i.0_XORNADAS DE DIFUSIÓN E PROMOCIÓN DA INNOVACIÓN NAS EMPRESAS

15 de outubro

Sesión 1: Ferramentas para innovar

Sesión 2: Xestión da innovación nas empresas

16 de outubro

Sesión 3: Infraestructuras de apoio á innovación

Sesión 4: Financiación da innovación

i.0_ OBRADOIRO DE PREPARACIÓN DE PROPOSTAS DE PROXECTOS DE INNOVACIÓN

28 de outubro

Sesión 1: Posibilidades a nivel autonómico e nacional de financiación de proxectos de I+D

Sesión 2: Desde la idea a la solicitud. Cómo convertir as oportunidades, necesidades e problemas en proxectos de I+D?

Sesión 3: Obradoiro práctico Cómo redactar unha proposta de éxito?

i.0_ OBRADOIRO DE XESTIÓN DE PROXECTOS DE INNOVACIÓN

29 e 30 de outubro

Módulo I. Características xerais dos proxectos de I+D+i

Módulo II. Requisitos

Módulo III. Explotación de resultados

Módulo IV. Proceso de certificación

Módulo V. Casos en empresas

i.0_SEMINARIO ecoI: INNOVACIÓN PARA A COMPETITIVIDADE SOSTIBLE EMPRESARIAL

10 de novembro

Sesión 1: Concepto e utilidade da eco-innovación na estratexia empresarial

Sesión 2: Ferramentas de eco-innovación

Sesión 3: Negocios eco-innovadores

Sesión 4: Programa Marco para a Innovación e a Comeptitividade 2007-2013: Programa Ecoinnovación

I.0_OBRADOIRO PRÁCTICO: SOFTWARE LIBRE NA EMPRESA – INTRODUCIÓN E PRÁCTICA

23 de novembro

Sesión 1: Achegamento ao SwL

Sesión 2: Escritorio e aplicacións libres

Sesión 3: Directrices Integradoras

i.0_ XORNADA TÉCNICA: INNOVACIÓN NA INDUSTRIA DA MADEIRA E O MOBLE

4 de decembro

Sesión 1: Novos productos e aplicacións na Industria da Madeira e o Moble

Sesión 2: Ecoinnovación e aseguramento da calidade na Industria da Madeira e o Moble

i.0_ XORNADA TÉCNICA: ENSAIOS NON DESTRUTIVOS

18 de decembro

Sesión 1: Introdución aos Ensaios Non Destrutivos.

Sesión 2: Tecnoloxías avanzadas de inspección por END.

Sesión 3: Inspección de Soldadura (Inspección Visual).

Sesión 4: Normativa dos END.

Sesión 5: Formación e Certificación.

i.0_TÉCNICO EN ENERXÍAS RENOVABLES

13 de novembro

Módulo 1. A radiación solar

Módulo 2. A enerxía eólica

Módulo 3. Solar pasiva e solar térmica

Módulo 4. As minicentrais

Módulo 5. Análise da rendibilidade dun proxecto de inversión.

i.0_CURSO SOBRE CERTIFICACIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICACIÓNS

Data por determinar

Módulo 1. Lider

Módulo 2. Calener Vyp

Módulo 3. Calener GT

i.0_TALLER DE INNOVACIÓN: EFICIENCIA ENERXÉTICA NA EMPRESA

Data por determinar

Sesión 1: Fundamentos sobre enerxía, aforro e eficiencia enerxética. Marco normativo.

Sesión 2: Novas técnicas e tecnoloxías en instalacións térmicas.

Sesión 3: Novas técnicas e tecnoloxías en instalacións eléctricas.

Sesión 4: Novas técnicas e tecnoloxías en instalaciones de alumeado. Novas técnicas e tecnoloxías en instalacións de refrixeración industrial e comercial. boas prácticas enerxéticas.

Sesión 5: Novas técnicas e tecnoloxías en enerxías alternativas.

Sesión 6: Estudo técnico – económico de casos de aforro enerxético.

FICHA PREINSCRICIÓN (.doc)

FICHA PREINSCRICIÓN (.odt)

~ por innovacionecompetitividade en 17 Septiembre 2009.

Deja un comentario