I+D+i: Subvencións para o fomento do uso das deducións fiscais e das bonificacións na cotización á Seguridade Social
Obxecto
Fomentar o uso das deducións fiscais e das bonificacións na cotización á Seguridade Social por actividades de investigación, desenvolvemento e innovación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
Beneficiarios
As persoas físicas que actúan como empresarios individuais ou as persoas xurídicas con forma de sociedade privada validamente constituídas no momento de presentación da solicitude mediante escritura de constitución, no seu caso debidamente inscritas nos correspondentes rexistros oficiais, cando este requisito fose exixible segundo a lexislación mercantil aplicable. Os beneficiarios destas subvencións deberán ter o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Non terán a condición de beneficiarios as asociacións de empresas ou outras entidades sen ánimo de lucro.
Prazo de presentación de solicitudes
Ata o 13 de novembro de 2009


Deja un comentario