Convenio de colaboración co Centro Tecnolóxico AIMEN
A Cámara de Comercio de Ferrol e a Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste – Centro Tecnolóxico AIMEN asinaron no día de onte dous convenios de colaboración para desenvolver accións de innovación e fortalecer a competitividade das empresas ubicadas nas comarcas de Ferrol, o Eume e Ortegal.
Entre os obxectivos específicos deste acordo figuran, entre outros, a participación conxunta en proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica bilaterais ou multilaterais; a cooperación en materia de servizos tecnolóxicos e de innovación; a cooperación en programas de formación; a organización e realización de actividades de difusión e divulgación (cursos, conferencias, simposios ou seminarios); o asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coas actividades de ambas entidades; e o intercambio continúo de información ao respecto das necesidades e oportunidades tecnolóxicas detectadas no ámbito de actuación das institucións.
Froito deste acordo de colaboración, e no marco do programa de accións i.0 deseñado polo departamento de innovación da institución cameral, desenvolveránse unha serie de accións formativas, de sensibilización e dinamización da innovación en coordinación con este centro tecnolóxico. Entre as actividades programadas para os meses de novembro e decembro figura a realización dunha xornada técnica sobre ensaios non destrutivos – inspección de soldadura (15 de decembro), e dous obradoiros sobre xestión de proxectos de innovación e preparación de propostas a proxectos de innovación (datas por determinar).
Entre as accións a desenvolver no primeiro trimestre do 2010, destaca a realización dun curso de formación e capacitación para a superación da certificación en inspección visual (nivel I y II) da Asociación Española de Ensayos No Destructivos.
Máis información:
981 333 165
innovacion@camaraferrol.org

Deja un comentario