Obradoiro innovación_Preparación de propostas e xestión de proxectos de innovación aplicada
A lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, establece como obxectivo xeral, o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Con esta finalidade, a Orde do 3 de xuño de 2009 establece as bases de axudas para a concesión, das subvencións correspondentes ao Programa de promoción xeral de investigación do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (Incite).
Para contribuír a esta realidade a Cámara de Comercio de Ferrol, en colaboración coa Consellería de Economía e Industria e o Centro tecnolóxico AIMEN, pon a disposición das organizacións un obradoiro co obxectivo de adquirir os coñecementos necesarios para definir e xestionar proxectos de innovación empresarial aplicada.
Obxectivos
Dinamizar a cultura da innovación entre as pemes, facilitando aos técnicos unha formación teórica e práctica mediante a proposta e xestión de proxectos de I+D+i, contribuíndo a situar as súas empresas nunha posición axeitada para afrontar os desafíos dun mercado cada vez máis competitivo e globalizado
Módulo I: Preparación de propostas de proxectos de innovación.
Módulo II: Xestión de proxectos de innovación.
Descarga o díptico informativo
Destinatarios
Xerentes de empresas, técnicos e analistas de proxectos de I+D+i, e público xeral interesado na área da innovación empresarial, así como, axentes de emprego, técnicos de desenvolvemento local adscritos a entidades locais, técnicos de innovación de entidades públicas e privadas…
Datas
Do 9 ao 15 de decembro (20,5 h)
Horario
De 16.00 a 21.00 h
Matrícula
Gratuita. Para inscribirse enviar o boletín de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org

Deja un comentario