Cursos de condución eficiente
En resposta ao cambio tecnolóxico que sufriron os nosos automóbiles, o que os fai radicalmente distintos na súa condución, e a necesidade de aforro enerxético e respeto ao medio ambiente, a Axencia Provincial da Enerxía (FAEPAC) en colaboración co Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Cámara de Comercio de Ferrol, está a impartir cursos de condución eficiente. Estes cursos realízanse dentro do plan de acción da estratexia de aforro e eficiencia enerxética de España 2008 – 2012 (E4), en convenio co Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).
OBXECTIVOS
Adquirir técnicas de condución eficiente que permitan acadar obxectivos reais dun aforro estimado en combustible do 15%, un aforro en gastos de mantemento do vehículo, e unha reducción nas emisións contaminantes.
DESTINATARIOS
Persoas que desenvolvan a súa actividade profesional en vehículos industriales, de transporte de mercadorías, profesionais do taxi, e vehículos de empresa en xeral. A participación está suxeita á posesión do carné de conducir clase B. O día do curso, os alumnos teñen que levar unha fotocopia do carne de conducir ou, no caso de renovacións, o seu resgardo.
ESTRUCTURA DO CURSO
A duración dos cursos é de dúas horas, nas que se imparten as técnicas e fundamentos básicos da nomeada “condución eficiente”.
Os cursos están estruturados en catro bloques:
1º Bloque: Quenda de condución nun circuíto preestablecido (automóbil propio da FAEPAC).
2º Bloque: Impartición teórica das técnicas de condución eficiente.
3º Bloque: Repítese a quenda de condución polo circuíto, aplicando agora as técnicas impartidas no bloque anterior.
4º Bloque: Análise de resultados, dúbidas e comentarios.
* Os participantes recibirán un diploma acreditativo da realización do curso.
DATAS
Días 11 e 18 de marzo de 2010
HORARIO
O curso impartirase por dous monitores e divídese en 4 grupos de 4 persoas:
Grupo 1: De 8.30 a 10.30 h
Grupo 2: De 9.00 a 11.00 h
Grupo 3: De 11.30 a 13.30 h
Grupo 4: De 12.00 a 14.00 h
MATRÍCULA
Gratuita
Para inscribirse enviar o boletín de inscrición ao seguinte enderezo innovacion@camaraferrol.org

Deja un comentario