Obradoiro innovación_Preparación de propostas e xestión de proxectos de innovación aplicada

•23 Noviembre 2009 • Dejar un comentario

A lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, establece como obxectivo xeral, o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Con esta finalidade, a Orde do 3 de xuño de 2009 establece as bases de axudas para a concesión, das subvencións correspondentes ao Programa de promoción xeral de investigación do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (Incite).

Para contribuír a esta realidade a Cámara de Comercio de Ferrol, en colaboración coa Consellería de Economía e Industria e o Centro tecnolóxico AIMEN, pon a disposición das organizacións un obradoiro co obxectivo de adquirir os coñecementos necesarios para definir e xestionar proxectos de innovación empresarial aplicada.

Obxectivos

Dinamizar a cultura da innovación entre as pemes, facilitando aos técnicos unha formación teórica e práctica mediante a proposta e xestión de proxectos de I+D+i, contribuíndo a situar as súas empresas nunha posición axeitada para afrontar os desafíos dun mercado cada vez máis competitivo e globalizado

Módulo I:   Preparación de propostas de proxectos de innovación.

Módulo II:  Xestión de proxectos de innovación.

Descarga o díptico informativo

Destinatarios

Xerentes de empresas, técnicos e analistas de proxectos de I+D+i, e público xeral interesado na área da innovación empresarial, así como, axentes de emprego, técnicos de desenvolvemento local adscritos a entidades locais, técnicos de innovación de entidades públicas e privadas…

Datas

Do 9 ao 15 de decembro (20,5 h)

Horario

De 16.00 a 21.00 h

Matrícula

Gratuita. Para inscribirse enviar o boletín de inscrición ao enderezo innovacion@camaraferrol.org

Curso de innovación aplicada: Certificación enerxética de edificacións

•23 Octubre 2009 • Dejar un comentario

City_Night_ViewA partires do 1 de novembro de 2007, o Real Decreto 47/2007, de 19 de xaneiro, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación de eficiencia enerxética de edificios de nova construcción, establece a obriga de que todos os edificios de nova construcción e aqueles que se modifiquen ou reformen dispoñan dun certificado de eficiencia enerxética que sinale mediante un distintivo de eficiencia enerxética o nivel de calificación de eficiencia enerxética obtida polo edificio.

Obxectivos

Facilitar aos técnicos unha formación teórica e práctica sobre o comportamento enerxético dos edificios de nova construcción e a súa certificación, a través do manexo dos programas LIDER, CALENER_VyP y CALENER GT, que permiten a obtención da documentación do proxecto relacionada coa limitación da demanda enerxética segundo DB He1 e a certificación enerxética de edificacións.

Modulo I: Limitación da demanda segundo CTE DB-HE1 e certificación enerxética de edificios de vivendas e pequeno terciario.

Modulo II: Certificación enerxética de edificios de gran terciario.

Destinatarios

Proxectistas, directores de obra e os seus colaboradores, e todos aqueles técnicos interesados en participar no proceso da certificación (enxeñeiros industriais, arquitectos, aparelladores, encargados de seguimento das instalacións…)

Datas

Do 30 de novembro ao 4 de decembro, 9 e 10 de decembro.

Horario

De 08.00 a 15.00 (descanso e pausa-cafe)

Matricula

Empresas: 60 €

Outros alumnos: 90€

Máis información:

981 333 165

innovacion@camaraferrol.org

Descargar o programa do curso

Boletín de inscrición

Convenio de colaboración co Centro Tecnolóxico AIMEN

•23 Octubre 2009 • Dejar un comentario

FirmaConvenioCamaraFerrol_2A Cámara de Comercio de Ferrol e a Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste – Centro Tecnolóxico AIMEN asinaron no día de onte dous convenios de colaboración para desenvolver accións de innovación e fortalecer a competitividade das empresas ubicadas nas comarcas de Ferrol, o Eume e Ortegal.

Entre os obxectivos específicos deste acordo figuran, entre outros, a participación conxunta en proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica bilaterais ou multilaterais; a cooperación en materia de servizos tecnolóxicos e de innovación; a cooperación en programas de formación; a organización e realización de actividades de difusión e divulgación (cursos, conferencias, simposios ou seminarios); o asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coas actividades de ambas entidades; e o intercambio continúo de información ao respecto das necesidades e oportunidades tecnolóxicas detectadas no ámbito de actuación das institucións.

Froito deste acordo de colaboración, e no marco do programa de accións i.0 deseñado polo departamento de innovación da institución cameral, desenvolveránse unha serie de accións formativas, de sensibilización e dinamización da innovación en coordinación con este centro tecnolóxico. Entre as actividades programadas para os meses de novembro e decembro figura a realización dunha xornada técnica sobre ensaios non destrutivos – inspección de soldadura (15 de decembro), e dous obradoiros sobre xestión de proxectos de innovación e preparación de propostas a proxectos de innovación (datas por determinar).

Entre as accións a desenvolver no primeiro trimestre do 2010, destaca a realización dun curso de formación e capacitación para a superación da certificación en inspección visual (nivel I y II) da Asociación Española de Ensayos No Destructivos.

Máis información:

981 333 165

innovacion@camaraferrol.org

I+D+i: Subvencións para o fomento do uso das deducións fiscais e das bonificacións na cotización á Seguridade Social

•1 Octubre 2009 • Dejar un comentario
ahorro01

Obxecto

Fomentar o uso das deducións fiscais e das bonificacións na cotización á Seguridade Social por actividades de investigación, desenvolvemento e innovación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

Beneficiarios

As persoas físicas que actúan como empresarios individuais ou as persoas xurídicas con forma de sociedade privada validamente constituídas no momento de presentación da solicitude mediante escritura de constitución, no seu caso debidamente inscritas nos correspondentes rexistros oficiais, cando este requisito fose exixible segundo a lexislación mercantil aplicable. Os beneficiarios destas subvencións deberán ter o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Non terán a condición de beneficiarios as asociacións de empresas ou outras entidades sen ánimo de lucro.

Prazo de presentación de solicitudes

Ata o 13 de novembro de 2009

Enlace á axuda

Seminario: A estratexia da empresa tradicional en Internet

•23 Septiembre 2009 • Dejar un comentario

curso-adwords-google

PROGRAMA

09.30 h. Recepción de asistentes e entrega de documentación.

10.00 h. Apertura.

10.15 h. Realidades do mercado de Internet en España.

D. Salvador M. Suárez. Director de Relacións Institucionais Camerpyme.

10.40 h. A estratexia web desde a perspectiva dunha empresa tradicional. Axudas e beneficios dunha canle de vendas en Internet.

D. Kevin Sigliano. Director de Marketing Intelligence de Domestika.

11.10 h. Marketing en buscadores: Posicionamento e campañas.

D. Kevin Sigliano. Director de Marketing Intelligence de Domestika.

11.40 h. Como dar de alta unha campaña AdWords (Práctica).

D. Kevin Sigliano. Experto en campañas de Google.

12.10 h. Vantaxes de Internet: Sinatura e factura electrónica, diferenza de certificado dixital.

D. Luís Arias. Responsable do proxecto Camerfactura.

12.40 h. Coloquio—Fin da xornada 13.00 h.

Prazas limitadas – Inscrición previa

A todos os asistentes entregaráselles 50 € de bono de AdWords de Google, os manuais de AdWords de Google e a suscrición gratuita durante un ano á revista de comercio electrónico ecommretail.com

DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN

Martes 6 de outubro nas instalacións da Cámara de Comercio de Ferrol

INSCRICIÓNS

Remitir o boletín de inscrición que se achega no post ao enderezo electrónico do Departamento de Innovación (innovacion@camaraferrol.org).

Persoa de contacto: Bruno Casal

Tel.: 981 333 165

E-mail: innovacion@camaraferrol.org

Ficha inscrición (.doc)

Ficha inscrición (.odt)

Plan de accións de innovación empresarial i.0

•17 Septiembre 2009 • Dejar un comentario

CB058870i.0 é o acrónimo do plan de accións de innovación empresarial 2009-2010 deseñado polo Departamento de Innovación e Competitividade da Cámara de Comercio de Ferrol. Estando ainda nunha versión borrador, presentase no blog de innovación como un adianto da tipoloxía de accións a desenvolver por este departamento en colaboración con organismos como a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o IGAPE, e o Ministerio de Industria Turismo e Comercio.

O acrónimo deste plan fai referencia á capacidade que teñen todas as empresas de incorporar aspectos innovadores nos seus produtos ou procesos, aínda que a súa situación de partida sexa de cero. Neste sentido, o obxectivo principal das accións i.0 é dinamizar e promocionar a cultura da innovación entre as pemes da nosa demarcación. As accións i.0 están encamiñandas a concienciar ao empresariado, especialmente á peme, da necesidade de adoptar á innovación como estratexia para a sustentabilidade do seu negocio.

i.0_XORNADAS DE DIFUSIÓN E PROMOCIÓN DA INNOVACIÓN NAS EMPRESAS

15 de outubro

Sesión 1: Ferramentas para innovar

Sesión 2: Xestión da innovación nas empresas

16 de outubro

Sesión 3: Infraestructuras de apoio á innovación

Sesión 4: Financiación da innovación

i.0_ OBRADOIRO DE PREPARACIÓN DE PROPOSTAS DE PROXECTOS DE INNOVACIÓN

28 de outubro

Sesión 1: Posibilidades a nivel autonómico e nacional de financiación de proxectos de I+D

Sesión 2: Desde la idea a la solicitud. Cómo convertir as oportunidades, necesidades e problemas en proxectos de I+D?

Sesión 3: Obradoiro práctico Cómo redactar unha proposta de éxito?

i.0_ OBRADOIRO DE XESTIÓN DE PROXECTOS DE INNOVACIÓN

29 e 30 de outubro

Módulo I. Características xerais dos proxectos de I+D+i

Módulo II. Requisitos

Módulo III. Explotación de resultados

Módulo IV. Proceso de certificación

Módulo V. Casos en empresas

i.0_SEMINARIO ecoI: INNOVACIÓN PARA A COMPETITIVIDADE SOSTIBLE EMPRESARIAL

10 de novembro

Sesión 1: Concepto e utilidade da eco-innovación na estratexia empresarial

Sesión 2: Ferramentas de eco-innovación

Sesión 3: Negocios eco-innovadores

Sesión 4: Programa Marco para a Innovación e a Comeptitividade 2007-2013: Programa Ecoinnovación

I.0_OBRADOIRO PRÁCTICO: SOFTWARE LIBRE NA EMPRESA – INTRODUCIÓN E PRÁCTICA

23 de novembro

Sesión 1: Achegamento ao SwL

Sesión 2: Escritorio e aplicacións libres

Sesión 3: Directrices Integradoras

i.0_ XORNADA TÉCNICA: INNOVACIÓN NA INDUSTRIA DA MADEIRA E O MOBLE

4 de decembro

Sesión 1: Novos productos e aplicacións na Industria da Madeira e o Moble

Sesión 2: Ecoinnovación e aseguramento da calidade na Industria da Madeira e o Moble

i.0_ XORNADA TÉCNICA: ENSAIOS NON DESTRUTIVOS

18 de decembro

Sesión 1: Introdución aos Ensaios Non Destrutivos.

Sesión 2: Tecnoloxías avanzadas de inspección por END.

Sesión 3: Inspección de Soldadura (Inspección Visual).

Sesión 4: Normativa dos END.

Sesión 5: Formación e Certificación.

i.0_TÉCNICO EN ENERXÍAS RENOVABLES

13 de novembro

Módulo 1. A radiación solar

Módulo 2. A enerxía eólica

Módulo 3. Solar pasiva e solar térmica

Módulo 4. As minicentrais

Módulo 5. Análise da rendibilidade dun proxecto de inversión.

i.0_CURSO SOBRE CERTIFICACIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICACIÓNS

Data por determinar

Módulo 1. Lider

Módulo 2. Calener Vyp

Módulo 3. Calener GT

i.0_TALLER DE INNOVACIÓN: EFICIENCIA ENERXÉTICA NA EMPRESA

Data por determinar

Sesión 1: Fundamentos sobre enerxía, aforro e eficiencia enerxética. Marco normativo.

Sesión 2: Novas técnicas e tecnoloxías en instalacións térmicas.

Sesión 3: Novas técnicas e tecnoloxías en instalacións eléctricas.

Sesión 4: Novas técnicas e tecnoloxías en instalaciones de alumeado. Novas técnicas e tecnoloxías en instalacións de refrixeración industrial e comercial. boas prácticas enerxéticas.

Sesión 5: Novas técnicas e tecnoloxías en enerxías alternativas.

Sesión 6: Estudo técnico – económico de casos de aforro enerxético.

FICHA PREINSCRICIÓN (.doc)

FICHA PREINSCRICIÓN (.odt)

Subvencións para dotacións de unidades de I+D dentro das empresas e investimentos innovadores

•10 Julio 2009 • Dejar un comentario

15605CBUProcedemento IN848A

Investimentos para a dotación de unidades de i+d nas empresas

Obxecto

Incremento da capacidade tecnolóxica e innovadora das empresas mediante a dotación de recursos  materiais específicos.

Beneficiarios

Empresas com domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, así como as agrupacións de empresas privadas.

Modalidades

Modalidade 1: Innovapeme: Investimentos para unidades de I+D nas Pemes.

Modalidade 2: Innovamais: Investimentos para unidades de I+D en grandes empresas.

Activos materiais subvencionables

* Equipamento específico para o incremento da capacidade tecnolóxica e innovadora da empresa.

* Instalacións e acondicionamentos imprescindibles para o funcionamento dos equipamentos adquiridos.

Procedemento IN848B

Investimentos innovadores

Obxecto

Incentivar o desenvolvemento de actuacións de investimentos innovadores que inciden na capacidade competitiva das empresas.

Tipoloxía dos investimentos

* Creación dun novo centro produtivo ou ampliación dun establecemento de empresa coa finalidade de permitir o desenvolvemento de novos produtos e procesos.

* Diversificación da produción dun establecemento para atender mercados de produtos novos e adicionais.

* Unha transformación fundamental de carácater innovador no proceso global de produción.

O custo sobvencionable mínimo do proxecto é de 300.000€, por debaixo do cal non se atende ningunha solicitude de subvención.

Beneficiarios

Empresas com domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, así como as agrupacións de empresas privadas.

Modalidades

Modalidade 1: Innovapeme: Investimentos realizados por Pemes.

Modalidade 2: Innovamais: Investimentos realizados por grandes empresas.

Investimentos subvencionables

* Investimentos en instalacións e maquinaria.

* Transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de dereitos de patentes, licenzas, know-how ou coñecementos técnicos non patentados.

Enlace á convocatoria


Xornada informativa_A liberalización do mercado eléctrico: como afectará ao custo do subministro nas empresas

•1 Julio 2009 • Dejar un comentario

O vindeiro martes 7 de xullo, en horario de 12.00 a 13.30 h,  a Cámara de Comercio de Ferrol organiza, en colaboración coa Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), a xornada informativa A liberalización do mercado eléctrico: como afectará ao custo do subministro nas empresas.

16120CBIA finalidade desta xornada é a de informar das estratexias a adoptar polas empresas ante os cambios introducidos despois da liberalización do mercado do suministro eléctrico e a posta en marcha da Tarifa de Último Recurso (TUR).

A partir do 1 de xullo, as empresas da demarcación que teñan contratados servizos eléctricos de media e alta tensión veranse afectadas pola desaparición da tarifa eléctrica regulada. No panorama enerxético que se presenta, é importante que as empresas coñezan a nova lexislación de aplicación e a incidencia que supón sobre o custo do suministro de electricidade o novo modelo de organización do sector da electricidade, de maneira que lles permita axustar as súas facturas e reducir custes de enerxía eléctrica asociada aos seus procesos produtivos.

RELATOR

Jesús Castro, director da FAEPAC.

CONTIDOS

A xornada estrutúrase en base aos seguintes contidos:

- Liberalización do sector eléctrico e normativa de aplicación.

- A empresa ante o suministro liberalizado. Tarifas de aplicación.

- Aplicación da Tarifa de Último Recurso (TUR).

- Estratexias a adoptar polas empresas.

- Coloquio

DATA, HORARIO E LUGAR DE CELEBRACIÓN

Martes 7 de xullo, de 12.00 a 13.30 h.

Salón de plenos da Cámara de Comercio de Ferrol. A Malata s/n, Edificio de Usos Múltiples, 1º andar (Ferrol).

INSCRICIÓNS

A xornada é gratuita. Para formalizar a súa participación terá que cubrir a ficha de inscrición e enviala ao seguinte enderezo de correo electrónico: innovacion@camaraferrol.org

FICHA INSCRICIÓN (.doc)

FICHA INSCRICIÓN (.odt)

Imaxes da visita ás instalacións do centro tecnolóxico AIMEN

•23 Junio 2009 • Dejar un comentario

RECEPCIÓN DA XERENCIA DE AIMEN

Recepción da xerencia de AIMEN

video presentacion

TALLER MECÁNICO

Taller mecánico

mecanica

ARCO SUMERXIDO

arco sumergido2

PLANTA LASER

planta laser5

planta laser2

UNIÓN POR FRICCIÓN

unión por fricción

Local Business Center: posiciona a empresa en Google Maps

•28 Mayo 2009 • Comentarios desactivados

lbc_overview_es

Na actualidade, Google é o principal buscador para moitos usuarios de internet. A presenza na rede internet das empresas é fundamental para acadar maiores niveis de produtividade e competitividade.

A ferramenta implementada por Google para que as empresas aparezan indentificadas nas búsquedas de Google Maps denomínase Local Business Center. Sen coste para a empresa, e sen necesidade de ter un espazo web propio, entre as vantaxes máis importantes se encontran:

  • Mellorar a visibilidade da empresa en todas as búsquedas de produtos e servizos na zona xeográfica na que se atope ubicada a compañía.
  • Posuir un directorio presente das empresas da zona, e poder configurar fichas propias de contacto.
  • Posibilidade de incluir a dirección, horario laboral, e imaxes da empresa e dos produtos.
  • Capacidade en todo momento para actualizar e modificar os datos.

Para realizar a inclusión da empresa en Google Maps, accederase a Google Local Business Center a través do seguinte enlace http://www.google.com/local/add/splashPage?hl=es&gl=ES. Cando seleccionamos “Añadir una empresa nueva”, teremos que cumplimentar un formulario, no que identificaremos a empresa, a súa actividade, horarios de atención, e formas de pago aceptadas.

Ademáis existen campos adicionais para identificar produtos, marcas, servizos… En canto á incorporación na ferramenta da imaxe visual da empresa, pódense subir ata dez fotografías e cinco vídeos relacionados coa actividade da empresa, produtos, instalacións, etc.

Unha vez subida toda a información, Google a valida mediante o envió dunha mensaxe SMS, unha carta, ou mediante unha chamada de teléfono.